Homenaxe ao poeta Manoel Antonio en Rianxo no 96 aniversario da súa morte
Os actos consistiron nunha ofrenda floral e unha lectura de textos ante a súa tumba e unha visita á Casa-Museo do autor

Asistentes á ofrenda floral ante a tumba de Manoel Antonio. / Cedida
A Asociación Etnolóxica Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao celebrou este mércores unha homenaxe ao poeta rianxeiro Manoel Antonio cando se cumpren 96 anos do seu pasamento.
Os actos consistiron nunha ofrenda floral ante a súa tumba, no cemiterio de Rianxo; unha lectura de textos da súa obra máis coñecida, De catro a catro, por parte de tres alumnos do instituto Félix Muriel; e unha visita á Casa-Museo de Manoel Antonio, no casco histórico.
Entre os asistentes atopábanse o presidente da citada asociación, Xosé Bravo, o secretario, Xusto Ordóñez, e outros membros da directiva; o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o tenente de alcalde, Julio Alcalde; e os exrexedores Pedro Piñeiro (Rianxo) e Xosé Deira (Boiro).
Manoel Antonio morreu na parroquia rianxeira de Asados o 28 de xaneiro de 1930, con apenas 29 anos. «A súa obra consolidouse como unha das achegas máis decisivas e perdurables da literatura galega contemporánea», indican dende o colectivo.
En recoñecemento á súa importancia literaria foille dedicado o Día das Letras Galegas en 1979, consolidando a súa figura como un dos referentes da modernidade poética en Galicia.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado