Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O BNG de Lousame ve inútil o plan municipal de fomento da natalidade se non hai matroa a tempo completo

Anxo Moledo di que os fondos asignados á iniciativa "irán directamente ao lixo" se non se mellora a atención no centro médico

O programa presentouse no pleno de decembro.

O programa presentouse no pleno de decembro. / Cedida

Lousame

O BNG de Lousame considera inútil o programa municipal para o fomento da natalidade presentado polo Goberno local en decembro "se non temos matroa a tempo completo no centro de saúde".

O portavoz da formación nacionalista, Anxo Moledo, dixo que, por ese motivo, os fondos dedicados a este plan “van directamente ao lixo".

O Executivo local de Lousame presentou o programa Nacín en Lousame, un orgullo que se debe coidar, un plan que pretende fomentar a natalidade e conseguir reverter o despoboamento que sofre o rural. En virtude desta iniciativa, os pais das crianzas nadas a partir de 2026 recibirán 300 euros anuais durante tres anos, co único requirimiento de que un dos proxenitores ten que estar empadroado no concello. Ademáis, inclúese un plan de asesoramento á lactancia.

Anxo Moledo denuncia "a lista de agarda que ten o centro de Atención Primaria de Lousame, que se extende a dous meses no caso da matroa e que imposibilita a chegada de novas familias á vila", así como "o deterioro xeral da sanidade pública, que obriga os pacientes a desprazarse a outros centros".

Tracking Pixel Contents