Rianxo ampliará as redes de auga en dez núcleos de catro parroquias
Actuarase en Villanustre, Vilas, Meiquiz e Or, e entre Corques-Outeiro, Ourolo-A Burata e Pousada-Os Xens
Melloraranse tamén os saneamentos en varias zonas e o acceso a Montiño dende a DP-7203, en Taragoña

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo. / Cedida
O Concello de Rianxo sacou onte a licitación as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Villanustre (Asados), cun orzamento de 194.386 € , e a ampliación da rede de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro (en Taragoña), por 90.713 €.
Estas actuacións súmanse a outras importantes obras adxudicadas a finais do ano pasado e que axiña se iniciarán: case 800.000 € en melloras de servizos municipais en varias parroquias que se levarán a cabo nos vindeiros meses.
Entre elas figuran a segunda fase do proxecto para a dotación de redes de abastecemento e saneamento en Vilas (Asados), por 194.386 €; a ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Meiquiz e Or (en Leiro), por 208.785 €; e a renovación completa do firme do vial de acceso a Montiño dende a estrada DP-7203 (en Taragoña), por 102.952 €.
Por outra banda, no pleno de hoxe someteranse a votación as propostas do Goberno local para participar no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Entre as actuacións que o Executivo que preside Julián Bustelo pretende levar a cabo no marco do dito plan figuran a ampliación da rede de auga dende Ourolo ata A Burata, na parroquia de Taragoña, a través da AC-305, por 181.427 €, e a ampliación da rede de abastecemento de auga dende Pousada ata Os Xens, en Araño, a través da AC-305, por 185.747 €.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover