O Goberno noiés saca adiante os orzamentos co apoio do Bloque
«Con aforro e eficacia na xestión faremos máis con menos», dixo o edil de Facenda, Manuel Seijas

Manuel Seijas e Francisco Pérez, terceiro e quinto pola esquerda, con Alamancos, segundo, e os demais edís de PSOE e Marea Cidadá. / Suso Souto
O Goberno local de Noia (formado por PSOE, Marea Cidadá e o edil non adscrito Luís Alamancos) aprobou no pleno o orzamento municipal para este ano, por importe de 14.736.219 euros, co apoio do BNG. O PP e o NO.I.A. votaron en contra.
Entre as partidas máis salientables figura a consignación de 175.000 € para licitar o servizo de limpeza viaria. A mellorar as redes de saneamento destínanse 480.000 €, e 127.000 ás de abastecemento.
No eido social, para o Servizo de Axuda no Fogar resérvanse 1.009.172 €, máis de 101.000 € de incremento respecto a 2024, reforzando a atención ás persoas dependentes. Ademais, resérvanse 65.000 € para programas de conciliación.
Un dos maiores cambios do orzamento prodúcese na partida destinada ao pagamento á Mancomunidade Serra do Barbanza, encargada da xestión do lixo, que pasa de 900.000 a 2.200.000 €, dos cales 600.000 corresponden ao pagamento da débeda acumulada.
«Viñemos gobernar en serio, e facelo cun orzamento aprobado xa en xaneiro facilita enormemente o labor de goberno e garante unha boa xestión durante o resto do ano», dixo o alcalde, Francisco Pérez.
«Este orzamento reflicte un gran aforro que nace dunha maior eficiencia na xestión. As actividades municipais non se van resentir. Ao contrario: optimizamos recursos para facer máis cun menor custo», dixo o edil de Facenda, Manuel Seijas.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado