Serra do Barbanza licitará unha recollida do lixo ‘á carta’ para os seus sete concellos
A Mancomunidade evalúa as novas rutas e tempos do servizo tras ‘acoplarse’ a Sogama
Contratará a redacción do plego para convocar as prazas de xerencia e administrativos

Os cambios en varias rutas determinarán se a Mancomunidade debe incorporar máis camións. / Cedida
A Mancomunidade Serra do Barbanza evalúa estes días o funcionamento do seu servizo de recollida de lixo tras a recente adhesión a Sogama. Unha incorporación que se leva a cabo sen incidencias e na que se están recalculando rutas e analizando os tempos das mesmas con vistas á próxima licitación dun novo servizo, xa máis adaptado á nova etapa.
Unha etapa na que pronto deixará de recoller o lixo aos concellos de Rois e Pontecesures (aos que se lles deu unha moratoria de tres meses, ata finais de marzo, tras a súa decisión de non adherirse como socios á entidade) e para a que Serra do Barbanza licitará «un servizo á carta», segundo indica o seu presidente, Pablo Lago, atendendo ás peculiaridades, ás necesidades e ás demandas dos sete concellos que a integran (Ames, Brión, Noia, Muros, O Son, Lousame e Carnota).
En base a elas, unha empresa que será contratada a tal fin pola Mancomunidade redactará o prego para licitar o servizo.
A empresa FCC (que fai un servizo prorrogado, pois o seu contrato venceu en 2023) está trasladando o lixo ás plantas de transferencia que Sogama ten en Santiago, Cee e Boiro. Algunhas rutas deberán ser modificadas en atención ás prioridades que cada concello estableza para a recollida, á próxima eliminación dos itinerarios de Rois e Pontecesures e á proximidade das diferentes plantas de transferencia. Á súa vez, todo iso determinará se é necesario incorporar máis camións.
Mentres, a Mancomunidade segue buscando posibles alternativas á súa planta de tratamento de Lousame, coa esperanza de atoparlle viabilidade. «Buscamos posibles alternativas... e tamén axudas para elas», sinala Lago.
Igualmente, a Mancomunidade ten previsto contratar unha empresa para licitar a convocatoria das prazas da xerencia e dos postos administrativos.
Neste sentido, Lago di que «en principio, as tarefas de Intervención e Secretaría poden cubrirse con persoal municipal, mediante acumulación de servizos, pois non fan falta a tempo completo».
Pablo Lago: «Recapacitei»
Respecto á moratoria a Rois e Pontecesures, aos que Lago advertira que se lles deixaría de recoller o lixo o pasado 30 de decembro, sinalou: «Recapacitei. Non se lles podía deixar sen servizo de repente e en pleno Nadal. E os cidadáns non teñen culpa da xestión dos políticos».
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover