Noia dota o núcleo da Albariza de redes de abastecemento de auga e saneamento
Os traballos son executados por unha brigada municipal, o que permite ao Concello un aforro de 60.000 €, segundo destacou o Goberno local

Obras no núcleo da Albariza. / Cedida
O tenente de alcalde de Noia, Manolo Seijas, e o concelleiro de Servizos, Abel Pan, visitaron as obras de saneamento e abastecemento de auga que está a executar a brigada municipal no lugar da Albariza.
A actuación permitirá dotar o núcleo dunha rede de saneamento de augas pluviais e fecais que quedará conectada a unha fosa séptica común dimensionada para o dobre da poboación actual da parroquia, garantindo así a súa capacidade de futuro.
As obras complétanse coa conexión á rede de abastecemento de auga, que se executará ao longo da estrada autonómica AC-311, así como cunha actuación de pavimentación con aglomerado incluída no marco do Plan Camiña Rural.
Manuel Seijas destacou que «é a primeira vez en moitos anos que o Concello de Noia asume por xestión propia obras de tanto calado, o que supón un aforro de ao redor de sesenta mil euros na execución dos traballos».
Pola súa banda, o concelleiro de Servizos, Abel Pan, subliñou que «existe a necesidade de seguir actuando en distintos núcleos do municipio que aínda carecen de servizos básicos», e reafirmou «o compromiso do Goberno local coa mellora das infraestruturas no rural».
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros