Xulio Gil ‘humaniza’ o viacrucis en Ribeira a través dunha exposición de quince retratos
Reflexa con arte a dificultade de quenes camiñan no mundo no medio de graves dificultades

Pola esquerda, Antonia Tato, Darío Gil, María Sampedro, Xulio Gil, Anxo M. Lorenzo e Pastor Rodríguez. / Cedida
O Museo do Gravado de Ribeira acolleu a inauguración da exposición de fotografía Viacrucis e 15 testemuñas, do artista galego Xulio Gil, que mostra e actualiza unha práctica tan antiga como o Cristianismo: o viacrucis.
«Xulio Gil dálle unha volta, de xeito respectuoso, mais anovador, a esa vella devoción cristiá e logra a nosa empatía ao acompañala de quince retratos que amosan quince testemuñas do viacrucis humano, da dificultade de quenes camiñan no mundo no medio de graves dificultades, mais que rematan na décimo quinta estación, a resurrección, pois lograron renacer, refacer a vida, volver a empezar», sinalou o director do museo, Pastor Rodríguez.
Ao acto inaugural asistiron tamén Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultura; María Sampedro, alcaldesa de Ribeira; Antonia Tato Fontaíña, unha das testemuñas dos 15 retratos; e Darío Gil, modelo fotográfico.
«Esta mostra logra a nosa solidariedade e a nosa comprensión dunha tradición que mostra a fraxilidade de todos nós, mais tamén a esperanza de poder reiniciar o camiño, a nosa vida coas pegadas da dor xa superada, pero visible», dixo a rexedora durante a súa intervención.
A mostra pode visitarse ata o día 31 de marzo.
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- Cocido para miles en Lalín y cuatro vuelos desde Afganistán para el pregonero Diego Rivas
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago