Marta Villaverde e María Sampedro analizan as actuacións de mantemento previstas para os portos de Ribeira e Aguiño
Organizaranse cursos para redeiras

Pola esquerda, José Antonio Álvarez, Ángeles Vázquez, Marta Villaverde, María Sampedro e Fernando Abraldes. / Cedida
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este luns unha reunión coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, para analizar o estado das actuacións en marcha nos portos do municipio e abordar novas liñas de colaboración en materia de infraestruturas, formación e apoio ao sector do mar.
No encontro, no que tamén participaron o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, e o edil de Mar de Ribeira, Fernando Abraldes, revisáronse as melloras e actuacións de mantemento previstas nos portos de Ribeira e Aguiño, co obxectivo de garantir a seguridade das infraestruturas e a continuidade da actividade pesqueira e marisqueira.
A xuntanza serviu tamén para avanzar en cuestións vinculadas á formación profesional do sector, entre elas, a organización de cursos para redeiras, unha demanda xa trasladada polo Concello e que será coordinada coa confraría para a súa posta en marcha.
Neste ámbito, a Consellería do Mar puxo en valor o papel da formación como ferramenta clave para a profesionalización e a remuda xeracional no sector pesqueiro.
Por último, abordouse a colaboración institucional para a conservación e difusión do patrimonio marítimo local, como elemento de identidade cultural e dinamización social e turística de Ribeira.
Villaverde destacou o investimento continuado que se ven realizando nos últimos anos no municipio, que supera os 67 millóns de euros, tanto en infraestruturas portuarias como en apoio á frota, á industria transformadora, á acuicultura e á protección dos recursos mariños.
Tamén reiterou o compromiso da Xunta de seguir traballando de maneira coordinada co Concello para impulsar actuacións que melloren as infraestruturas portuarias, apoien ao sector do mar e contribúan ao desenvolvemento económico e social do municipio.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros