A patronal de Boiro sortea tres cestas de produtos saudables na campaña de San Valentín
Estarán compostas de froitas variadas e produtos de tempada de empresas asociadas á entidade

Daniel García, presidente da Asociación Boirense de Empresas. / Cedida
A Asociación Boirense de Empresas pon en marcha unha nova campaña de promoción comercial con motivo de San Valentín, co obxectivo de premiar as persoas que apostan polo comercio local nas súas compras durante estas datas.
Entre os días 3 e 13 de febreiro, os clientes que realicen compras nos establecementos asociados poderán participar no sorteo de tres cestas saudables, compostas de froitas variadas e produtos de tempada, rexistrando os seus tíckets ou facturas a través da aplicación dispoñible na web www.abe.gal.
"A entidade aposta polo uso do selo de produtos dos seus socios, garantindo que os produtos sorteados proceden das empresas asociadas, reforzando así o compromiso coa economía de proximidade e coa identidade local", explica o presidente da patronal, Daniel García.
Esta iniciativa está plenamente aliñada coa filosofía da marca #SomosBoiro, que promove o consumo consciente, o apoio ao comercio de proximidade e a posta en valor do tecido económico local como motor de cohesión social e desenvolvemento.
O sorteo celebrarase o 13 de febreiro ás 09.00 horas, e os premiados serán contactados para recoller as cestas ese mesmo día, podendo así sorprender con agasallos a quenes máis queren.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda