A Pobra e Portosín buscan o apoio da Xunta para promocionar produtos do mar na hostalería
A iniciativa consiste en proporcionar anchoa, sardiña, xurelo, atún e mexillón aos locais para que elaboren petiscos

Pola esquerda, Isaac Gaciño, Isaac Rosón e José Antonio Vidal. / Cedida
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse este martes co patrón maior da confraría de pescadores de Portosín, Isaac Gaciño, e co presidente da patronal da Pobra, José Antonio Vidal, quenes lle solicitaron o apoio do seu departamento a unha nova edición do proxecto Da Pobra a Portosín, tapeando polo mar.
Ao igual que fixeon o ano pasado, durante tres fines de semana do mes de maio, a confraría de Portosín e a patronal pobrense pretenden promocionar algúns dos produtos do mar en alianza con establecementos hostaleiros.
Para elo, entregaran diversas cantidades de anchoa, sardiña, xurelo, atún e mexillón a 17 locais hostaleiros da Pobra, 20 de Ribeira e 8 de Portosín que elaboraron petiscos que ofreceron gratis aos seus clientes.
A idea é repetir esa iniciativa, pero nesta ocasión plantexan levala a cabo tamén en varias localidades do interior de Galicia. Entre elas, Sarria ou Melide.
Asimesmo, propoñen organizar esta actividade promocional en 2027 no marco do Camiño de Santiago.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros