Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EMPRENDEMENTO

Boiro recibe unha axuda para dinamizar o espazo Lab Barbanza

A Deputación da Coruña achegou ao Concello 26.922 euros

Visita de alumnos ao espazo colaborativo Lab Barbanza.

Visita de alumnos ao espazo colaborativo Lab Barbanza. / Cedida

Boiro

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención de 26.922’50 euros para a coordinación e dinamización do espazo Lab Barbanza.

A axuda está destinada a financiar a asistencia técnica que ofrece servizos de asesoramento e acompañamento ás empresas instaladas no espazo, así como a aquelas que desexen formar parte do coworking e que conten cun proxecto empresarial en fase de incubación ou preincubación.

Traballo colaborativo

O espazo coworking Lab Barbanza conta con viveiro de empresas e zonas de traballo colaborativo e está situado no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento. Trátase du centro multidisciplinar no que, ademais de espazos de traballo, hai aulas taller, aulas de informática e espazos de lecer.

Os obxectivos desta subvención son, ademais de prestar asesoramento aos proxectos emprendedores que desenvolven a súa actividade no centro, levar a cabo actividades de dinamización do espazo, xornadas de colaboración coas actividades formativas que se desenvolven no centro co obxectivo de estimular o espírito emprendedor do estudantado e campañas de difusión do propio espazo.

As solicitudes para o espazo Lab Barbanza están abertas durante todo o ano e poden facerse presentando a correspondente solicitude no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro.

TEMAS

Tracking Pixel Contents