VISITA
O Apostolado do Mar brinda apoio en máis de 350 portos de 54 países
Marta Villaverde loou na Pobra o labor da maior rede de apoio ás xentes do mar

Xuntanza da conselleira do Mar e o bispo emérito de Tui-Vigo, na Pobra. / Luis Polo
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo na Pobra do Caramiñal unha reunión con representantes do Apostolado do Mar (Stella Maris), encabezados polo bispo emérito de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, recentemente elixido responsable mundial desta organización, para analizar vías de colaboración orientadas a reforzar a atención social, humana e asistencial ás persoas que traballan no ámbito marítimo.
O encontro celebrouse a bordo da patrulleira de altura de Gardacostas Mar de Galicia, onde a titular de Mar puxo en valor o labor que desenvolve esta entidade internacional na defensa dos dereitos e no acompañamento das tripulacións, especialmente en situacións de vulnerabilidade ou afastamento das súas familias.
Stella Maris é a maior rede mundial de apoio á xente do mar, con presenza en máis de 350 portos de 54 países, desenvolvendo accións de acompañamento social, asesoramento e asistencia ás tripulacións.

Villaverde co bispo mérito de Tui-Vigo, Luis Quinteiro, na patrulleira 'Mar de Galicia'. / Luis Polo
Villaverde subliñou o compromiso da Xunta coa mellora das condicións laborais e sociais da xente do mar, destacando a importancia de manter unha coordinación permanente con entidades que, como o Apostolado do Mar, realizan un traballo fundamental de apoio humano e social ás tripulacións, independentemente da súa nacionalidade ou situación persoal. Neste sentido, lembrou que a organización forma parte do Comité de Benestar Social do Porto de Vigo, onde desenvolve unha intensa actividade de atención e apoio aos profesionais marítimos que fan escala nestas instalacións portuarias.
Gardacostas de Galicia
Durante a xornada, as autoridades tamén visitaron as instalacións das patrulleiras Mar de Galicia e Irmáns García Nodal, onde coñeceron de primeira man os medios materiais e humanos cos que conta o Servizo de Gardacostas de Galicia para desenvolver labores de salvamento, vixilancia pesqueira, protección ambiental e seguridade marítima.
A conselleira salientou o papel estratéxico deste servizo público autonómico, referente en Europa, tanto na protección dos recursos mariños como na asistencia ás persoas que desenvolven a súa actividade profesional no mar, reforzando así a seguridade e sustentabilidade do sector marítimo-pesqueiro galego.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
- Santiago encara la segunda jornada de huelga indefinida de buses a la espera de la reunión de esta tarde