Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CURSO

Boiro impulsa un espazo para mellorar o galego e explorar a nosa cultura

Crearase un grupo de conversa e actividades complementarias

As actividades desenvolveranse no Centro Social de Boiro.

As actividades desenvolveranse no Centro Social de Boiro. / C. Boiro

Boiro

O Concello de Boiro vai levar a cabo un curso de galego destinado ao público xeral impulsado pola Deputación da Coruña. A formación será todos os mércores de 10.30 a 20.00 horas no Centro Social de Boiro.

A área de lingua da Deputación da Coruña está a impulsar unha Rede Provincial de Grupos de Conversa en Galego, un sistema interconectado de espazos que alenten ao uso da lingua entre aquelas persoas que non a falan no seu día a día e aquelas outras que acaban de chegar á nosa terra e están en proceso de aprendizaxe.

Este grupo estará dinamizado pola técnica de ensino do Concello de Boiro co obxectivo de liderar o grupo achegando actividades e temas de conversa "co obxectivo de que as persoas participantes poidan mellorar a lingua e tamén aprender da nosa cultura e a nosa xente", subliñan fontes municipais.

A participación no grupo é gratuíta pero require inscrición previa, que pode facerse no Departamento de Educación chamando ao 981 84 84 25 ou no enderezo electrónico educacion@boiro.gal

Tracking Pixel Contents