SERVIZOS
Sogama amosa o seu modelo de xestión aos alcaldes de Serra do Barbanza
A conselleira Ángeles Vázquez acompañounos na visita ao complexo de Cerceda

A conselleira e os alcaldes durante a visita a Sogama, en Cerceda. / Luis Polo
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acompañou a varios alcaldes dos concellos da Mancomunidade Serra do Barbanza que se adheriron ao modelo de xestión de residuos de Sogama na súa visita ao complexo ambiental de Cerceda para mostrarlles a eficiencia e os distintos procesos desenvolvidos nas instalacións.
Vázquez cualificou de «histórica» a incorporación a Sogama dos nove concellos que antes trataban os seus refugallos a través da Mancomunidade Serra do Barbanza -Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois- «pois permitirá que os residuos da súa veciñanza sexan xestionados de xeito sostible, solvente e con todas as garantías, en liña co que establece a normativa vixente».

Ángeles Vázquez e os alcaldes no complexo de Sogama, en Cerceda. / Luis Polo
A cidadanía deses nove concellos, engadiu, «vai percibir un salto cualitativo ao incorporarse a un sistema máis sostible e respectuoso co medio ambiente». Lembrou que a Mancomunidade Serra do Barbanza contaba cun sistema «menos eficiente que obrigaba a enviar a vertedoiro practicamente todos os residuos que recibía, ao que se engadía que o vertedoiro que tiña en Lousame estaba cheo, o que obrigaba a transportar todos os refugallos a outro percorrendo 200 quilómetros de cada vez, cos correspondentes prexuízos económicos e ambientais».
Nesta liña, a responsable autonómica salientou que Galicia aposta por un sistema de xestión dos residuos sostible, que garanta o equilibrio entre a dimensión ambiental, a social e a económica, e defendeu o modelo de Sogama «como o mellor posible, referente a nivel estatal e en constante actualización e mellora». Por iso, engadiu, «trátase dun modelo de presente e de futuro».
Esforzo investidor
Ángeles Vázquez subliñou que a Xunta ofrece todo o seu apoio e colaboración aos concellos na xestión dos residuos. Neste sentido, o Executivo galego mobilizou nos 130 millóns de euros en investimentos co obxectivo de axudar ás entidades locais galegas neste eido, un esforzo co que contribuíu tamén a paliar o impacto nas arcas municipais das decisións adoptadas nos últimos meses polo Goberno central.
Cómpre destacar, engadiu, «o impulso e posta en marcha dunha completa Rede pública de infraestruturas para a xestión dos biorresiduos, con 13 plantas de transferencia e 4 de compostaxe nas que se investiron 45 millóns de euros e que xa está plenamente operativa desde o pasado verán, garantindo que os 304 concellos adheridos ao modelo Sogama teñan algunha destas instalacións a menos de 50 quilómetros de distancia».
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro