Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Seguridade

Incautan drogas e armas perigosas en varios controis policiais en Rianxo

A Policía Local realizou vixilancias especiais ante o aumento de delitos contra o patrimonio

Un dos controis de vehículos realizados polos axentes.

Un dos controis de vehículos realizados polos axentes. / Policía Local de Rianxo

Rianxo

A Policía Local de Rianxo realizou nas últimas semanas actuacións especiais de vixilancia con motivo dun aumento dos delitos contra o patrimonio e dun incremento do tráfico e consumo de sustancias estupefacientes.

Como resultado do aumento da presenza policial nas zonas onde se estaban a detectar os feitos sinalados, así como tamén do control de vehículos, os axentes realizaron actuacións que contribuiron a diminuír os furtos e roubos que se estaban a producir nos establecementos comerciais.

Un dos dispositivos de control realizados pola Policía Local.

Un dos dispositivos de control realizados pola Policía Local. / Policía Local de Rianxo

Incautaron diversas doses de sustancias estupefacientes, así como armas perigosas que portaban na vía pública varias persoas que foron identificadas e denunciadas administrativamente, «solucionándose deste xeito os problemas que se estaban a xerar en varios lugares polo presunto tráfico de drogas», subliñan dende a Policía Local.

Unha das armas incautadas nos controis realizados.

Unha das armas incautadas nos controis realizados. / Policía Local de Rianxo

Os axentes interceptaron catro condutores que deron positivo nas probas de drogas. Ademais, cursaron denuncias relativas a deficiencias na documentación de varios vehículos e doutros condutores.

Tamén procederon á investigación de dous condutores por presuntos delitos contra a seguridade viaria, un deles por negarse a realizar a proba de drogas e ausentarse dun control, e outro por conducir sen carné, xa que lle foran retirados todos os puntos. Os atestados foron remitidos ao Tribunal de Instancia e Instrución de Padrón.

Tracking Pixel Contents