SEGURIDADE
Ribeira reforzará as patrullas da Policía Local e a presenza nas rúas
A alcaldesa asegura que «os veciños precisan confianza e tranquilidade»

A Policía Local reforzará as patrullas e súa presenza nas rúas. / Policía Local Ribeira
O Concello de Ribeira reforzará as patrullas da Policía Local para dar resposta a unha inquedanza veciñal con respecto aos feitos que se están a suceder nas últimas datas. Así o acordaron a alcaldesa, María Sampedro, e o responsable do corpo policial, José Manuel Bretal.
«Estamos ante unha situación excepcional na que os veciños precisan de medidas que aporten confianza e tranquilidade», afirmou a rexedora, quen agradece aos Corpos e Forzas de Seguridade o «labor intenso e a valentía que están amosando ante os amigos do alleo e en defensa da veciñanza de Ribeira».
Máis axentes na zona comercial
Nos vindeiros días reforzarase a presenza de axentes «especialmente a pé e na zona comercial» co fin de poder aportar unha maior seguridade, que vén sendo solicitada non só pola veciñanza senón tamén por hostaleiros e comerciantes.
«Estas medidas poderán verse incrementadas se vemos que é necesario; non imos escatimar en esforzos», sinalou Sampedro.
Agarda que na vindeira Xunta Local de Seguridade, programada para o 19 de febreiro, se poidan tomar outro tipo de decisións.
Instalación de cámaras
Valoran tamén a instalación de cámaras en puntos estratéxicos, ao entender que poden «ser unha ferramenta de gran axuda no referido á seguridade cidadá, evitando así moitos dos episodios que poidan suceder, e mesmo poderán utilizarse como unha mostra de calquera delito que se cometa nese entorno», engadiu a alcaldesa ribeirense.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- Muere Constantino Martínez Schnackig, patrono de la Fundación Araguaney, a los 66 años