Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CONTRATACIÓN

Ribeira reforza a saúde laboral do persoal municipal cun servizo de Prevención Allea

O Concello licita a prestación por 125.356 euros

Casa consistorial de Ribeira.

Casa consistorial de Ribeira. / Cedida

Ribeira

O Concello de Ribeira vén de abrir o proceso de licitación para a contratación do servizo de Prevención Allea nas súas catro especialidades, co obxectivo de garantir a seguridade, a saúde laboral e unha adecuada prevención de riscos nos postos de traballo municipais.

O contrato conta cun orzamento de 125.356,40 euros (IVE incluído) e o prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 18 de febreiro de 2026 ás 23.59 horas.

A alcaldesa, María Sampedro, reafirma así "o compromiso que adquirimos cos traballadores cando entramos no goberno; que teñan unha asistencia de calidade e con todas as garantías no desenvolvemento dos seus postos de traballo".

Demanda do persoal

Trátase dunha demanda do persoal ante un servizo "que levaba anos en precario", engadiu. "Foi unha das nosas esixencias cando redactamos o orzamento do 2025 en materia de persoal", subliñou.

A empresa adxudicataria será a encargada de prestar as actividades propias dun Servizo de Prevención Allea, incluíndo as especialidades de Seguridade no Traballo, Hixiene, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada, así como Medicina do Traballo e Vixilancia da Saúde.

Compromiso coa prevención

O ámbito do contrato estenderase á totalidade dos postos de traballo do Concello de Ribeira, así como ás súas instalacións e dependencias. Do mesmo xeito, incluirá os novos postos, instalacións e dependencias municipais que se dean de alta durante a vixencia do contrato, así como aqueles servizos que o Concello poida precisar con carácter extraordinario.

"Con esta licitación, o goberno municipal reafirma o seu compromiso coa prevención de riscos laborais, a mellora continua das condicións de traballo e a protección da saúde do seu persoal", conclúe María Sampedro.

Tracking Pixel Contents