CELEBRACIÓNS
King África, a estrela do Entroido de Ribeira
O Enterro do Felipe e unha degustación de doces pecharán seis días de festa

A alcaldesa, María Sampedro, e o edil Fernando Abraldes, presentando a programación. / C. R.
O Entroido chega a Ribeira con moita música e un amplo abano de actividades. O artista King África actuará o luns, día 16, nun concerto que contará tamén cos Djs Manu GZ e Enter.

Cartel promocional das actividades do Entroido en Ribeira. / Cedida
As celebracións comezarán o venres, día 13, e rematarán o mércores 18. A alcaldesa, María Sampedro, asegura que o obxectivo «é facer unha festa animada e divertida para que todos os veciños de Ribeira, con independencia da idade, poidan desfrutar dunhas datas que desprenden alegría e celebración».
Oito mil quinientos euros en premios
Durante seis días as rúas impregnaranse do ambiente carnavalesco, ao que contribuirán as charangas Os Celtas da Baña e Fanfarria Farruxa, un tren infantil, unha choqueirada para os nenos e nenas, os concursos de disfraces e o festival de charangas e comparsas (con 8.500 euros en premios), e o espectáculo de música familiar Son Animal, de Paco Nogueiras.
«Queremos recuperar ese espírito de luns de entroido que se perdeu nos últimos anos e que gustaba tanto en Ribeira», sinala a rexedora. Este ano, ademais, e coincidindo co día dos namorados, o día 14 o Entroido ribeirense reservará un lugar para unha celebración especial na carpa do Malecón. O punto final chegará da man co clásico Enterro do Felipe e unha degustación de doces.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- Muere Constantino Martínez Schnackig, patrono de la Fundación Araguaney, a los 66 años