Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Pleno

Lousame destina máis de 270.000 € do POS a melloras da rede viaria

Esteban Ares: «Recollemos as necesidades que escoitamos nas reunións coa veciñanza»

Pleno de Lousame no que se aprobaron, por unanimidade, os proxectos do POS.

Pleno de Lousame no que se aprobaron, por unanimidade, os proxectos do POS. / Cedida

Lousame

O pleno de Lousame aprobou por unanimidade o Plan Único, que destina a obras os 270.388 euros da achega 2025 e a gasto corrente os 294.938 € de 2026. A maiores, aprobouse o Plan Complementario (83.539 €) destinados á mellora do viario de Fruíme.

O alcalde, Esteban Ares, explicou que «buscamos recoller as necesidades que escoitamos nas reunións coa veciñanza e chegar aos máximos lugares posibles. Non son proxectos moi elevados economicamente, pero dan resposta ás peticións dos veciños».

Sete actuacións

Son sete proxectos: o acceso arriba das Bouciñas (31.179 euros), os accesos a Pomar, Cruído e Pastoriza (37.075 €), interiores en Aldeagrande (32.633 euros), o arranxo do viario de Silvarredonda ás minas de San Finx e accesos a Sedofeito (33.912 euros), e o acondicionamiento interior de Sabugueiro (33.266 €), Lesende e Pousada (36.482 €), e os viarios de Maxide, Marracín e Vilacoba (65.809 €).

Na sesión tamén se acordou que o 18 de marzo, Día de Zernadas de Castro, será festivo local a partir do 2027. Tamén se constituirá unha Comisión Informativa Especial Zernadas de Castro para impulsar a candidatura do cura de Fruíme para que se lle adique un Día das Letras Galegas.

TEMAS

Tracking Pixel Contents