PARLAMENTO
O BNG esixe á Xunta a restauración integral da mina de San Finx
Alertan de que as presas de residuos están «colmatadas»

Rosa Pérez, esquerda, Anxo Moledo e Sol Agra durante a súa visita a Lousame. / BNG
O BNG presentou no Parlamento unha proposición non de lei para reclamar actuacións urxentes «ante a situación de abandono e o alto risco ambiental» das presas de residuos mineiros da mina de San Finx, de Lousame.
A iniciativa alerta de que as dúas presas de residuos da antiga explotación mineira permanecen colmatadas, «sen mantemento nin proxecto de clausura, malia os reiterados informes técnicos que advirten do perigo dunha falla catastrófica con graves consecuencias ambientais».
Lembrando a Monte Neme
A deputada Rosana Pérez e o portavoz do BNG en Lousame, Anxo Moledo, xunto coa responsable comarcal do BNG Muros-Noia, Sol Agra, desprazáronse este luns ata a contorna da mina de San Finx para denunciar in situ a situación. Lembraron os episodios recentes como o colapso do Monte Neme (Malpica-Carballo), provocado polas intensas chuvias «e pola inacción do Goberno do PP».
«Estamos ante un grave perigo medioambiental que pode repetirse se non se actúa con urxencia», advertiu Rosana Pérez.
Mala xestión
O BNG lembra que a mina de San Finx é un «exemplo paradigmático da mala xestión histórica da actividade mineira en Galiza, cunha acumulación de pasivos ambientais que inclúe entulleiras, galerías abandonadas e verteduras continuadas de augas con altas concentracións de metais pesados como cadmio, cinc, cobre ou arsénico».
Anxo Moledo sinalou que «as verteduras que se producen desde a mina cara á ría son unha ameaza constante para a saúde pública e o medio mariño», e Sol Agra subliñou que «estamos a falar dunha ameaza directa para os traballadores do mar e para un tecido produtivo esencial».
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades