Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Ribeira mellora o abastecemento e o saneamento de dúas rúas de Aguiño

O investimento, con fondos municipais, supera os 20.000 euros

Obras na rúa Manuel Murguía de Aguiño.

Obras na rúa Manuel Murguía de Aguiño. / Cedida

Ribeira

O Concello de Ribeira mellora o saneamento e o abastecemento de dúas rúas da parroquia de Aguiño con fondos municipais. A primeira das actuacións correspóndese coa renovación de 95 metros de tubaxe para o óptimo funcionamento da rede de auga potable na rúa Manuel Murguía. Con esta inversión de 13.600 € pretendese paliar as constantes roturas que se viñan producindo nos últimos anos.

Na rúa Rabuda o Concello está ampliando a rede de saneamento.

Na rúa Rabuda o Concello está ampliando a rede de saneamento. / Cedida

Por outro lado, estase ampliando a rede de saneamento na rúa Rabuda (7.000 €) para arranxar unha problemática que causa asolagamentos na contorna veciñal.

A alcaldesa, María Sampedro, asegura que «as inversións nesta materia son continuas, tratando de mellorar as redes máis alá do que adicamos no POS ou noutras subvencións solicitadas».

TEMAS

Tracking Pixel Contents