SEGURIDADE
Ribeira solicita máis efectivos policiais para os actos nocturnos do Entroido
A alcadesa demanda tamén dispositivos preventivos

Comisaría da Policía Nacional de Ribeira. / Cedida
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, remitiu unha solicitude ao Subdelegado do Goberno, Julio Abalde, para que se incrementen os efectivos policiais durante as celebracións nocturnas do Entroido.
«O aumento de persoas na rúa incrementarase notablemente, e iso sumado á problemática actual coa sensación de inseguridade na cidadanía, lévanos a ter que solicitar un reforzo para as datas fortes do Entroido. É unha cuestión de prevención ante os feitos que se veñen sucedendo nas últimas datas, e agardo a colaboración da Subdelegación do Goberno», apuntou Sampedro.
Segunda patrulla
A solicitude refírese a contar cunha segunda patrulla ou dispositivos preventivos de vixilancia e controis específicos nas noites do sábado 14 e o luns 16.
Unha demanda que, asegura Sampedro, será esixida de xeito ordinario e atendendo a criterios obxectivos na Xunta de Seguridade Local. «Non imos escatimar esforzos en solicitar máis medios onde fagan falta».
Sampedro reunirase tamén co Sindicato Unificado de Policía para interesarse pola situación do cadro de persoal e as necesidades dos axentes.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores