Avanza en Muros a obra para a reforma integral da céntrica rúa Real
A actuación conta cun investimento de 238.000 euros

María Lago, esquerda, e Laura Rivadeneira, supervisando as obras. / Cedida
As obras de humanización e renovación integral da rúa Real, en Muros, impulsadas polo Concello cun orzamento de máis de 238.000 euros, avanzan a bo ritmo. A alcaldesa, María Lago, e a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, supervisaron as obras acompañadas polo director de obra e o contratista.
«A día de hoxe está executada unha das partes máis complicadas da obra, coa colocación das conexións de pluviais, fecais, abastecemento, electricidade e comunicacións cos seus respectivos pozos de rexistro e arquetas», sinalou a concelleira Laura Rivadeneira.
«Trátase dun proxecto importante que dá resposta ás demandas da veciñanza; a rúa Real necesitaba estas obras de mellora de firme e servizos, unha actuación que se fará respectando a contorna e as características do casco histórico», afirmou a alcaldesa.
De feito, todos os traballos lévanse a cabo tendo en conta os criterios do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Muros, priorizando tamén o mantemento posterior e a alta calidade dos materiais elixidos.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago