Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Bustelo e Rial analizan medidas para mellorar a seguridade cidadá en Rianxo

O portavoz socialista califica de "cordial e construtivo" o encontro mantido co alcalde

Julián Bustelo, esquerda, e Óscar Rial.

Julián Bustelo, esquerda, e Óscar Rial. / Cedida

Rianxo

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo (Rianxo en Común) e o portavoz municipal do PSOE, Óscar Rial, mantiveron esta semana unha reunión de traballo para abrir "un espazo de diálogo directo" en materia de seguridade cidadá, segundo sinalou o edil socialista.

Na reunión participou tamén o xefe da Policía Local. "Foi un encontro cordial e construtivo no que se abordaron cuestións que preocupan á veciñanza e se trasladaron diversas propostas de

mellora", explica Rial, quen destaca "o ton respectuoso do encontro".

"Confiamos en que esta reunión sexa a primeira dunha dinámica de traballo máis frecuente e planificada no tempo", engadiu.

O PSOE plantexou a necesidade de incrementar a presenza policial no rural e a vixilancia en zonas de ocio infantil e espazos públicos concorridos, así como de "reforzar a cercanía cos veciños e veciñas, potenciando o labor preventivo" e prestar atención específica aos párkings municipais.

Os socialistas propuxeron tamén unha "actuación firme contra o trapicheo e intervencións urxentes nas zonas infantís, veciñais e espazos públicos onde se están producindo estas situacións".

Asimesmo, solicitaron "que se traballe nun sistema de minoración da velocidade en Campo de Pazos para reforzar a seguridade viaria".

Respecto á sinistralidade na autovía do Barbanza, Rial dixo que "segundo se nos indicou, a Xunta de Galicia iniciará no mes de marzo o cambio de firme en toda a vía, incluído o tramo de Rianxo. Agardamos que esta actuación contribúa a corrixir as causas que puideron estar detrás dos sinistros e mellore as condicións de seguridade".

Finalmente, respecto da reunión co alcalde, Rial dixo que "con comunicación, coordinación e vontade política é como se constrúe un mellor funcionamento municipal, e é nese camiño no que queremos seguir avanzando".

Tracking Pixel Contents