Ribeira inviste 302.000 € na mellora de vías e redes de saneamento en Santa Uxía, Palmeira, Corrubedo e Oleiros
No centro urbano levarase a cabo a pavimentación da avenida de Miguel Rodríguez Bautista

Estado actual dun tramo da rúa Buenos Aires, de Corrubedo. / Cedida
O Concello de Ribeira adxudicou catro proxectos que permitirán acometer melloras en vías e redes de saneamento en varios puntos das parroquias de Santa Uxía, Palmeira, Corrubedo e Oleiros.
O montante das actuacións ascende a 302.728,56 euros, procedentes do Plan de Obras e Servizos (POS+2025).
Un dos proxectos servirá para levar a cabo a pavimentación da avenida de Miguel Rodríguez Bautista –cun investimento de 62.553,84 euros- no centro urbano de Santa Uxía. O prazo previsto para a realización dos traballo é dun mes.
En Palmeira acometerase a pavimentación e renovación da rede de abastecemento na rúa Agriña, cun investimento de 96.977,31 euros e un prazo de execución de dous meses.
Pola súa banda, en Corrubedo está prevista a pavimentación da rúa Buenos Aires, no treito comprendido entre a rúa do Canaval e a Travesía Buenos Aires. Cun prazo estimado de dos meses para a súa execución, este proxecto conta cun orzamento de 72.454,41 euros.
Por último, a cuarta das actuacións permitirá a ampliación do saneamento en Muíños (Oleiros) e foi adxudicada por un importe total de 70.743,00 euros e un prazo de execución previsto de tres meses.
“Estamos a falar de actuacións que permitirán avanzar na mellora da rede viaria e dos servizos básicos en distintos puntos do termo municipal, reforzando tanto a seguridade viaria como a calidade das infraestruturas hidráulicas e de saneamento”, indicou a alcaldesa, María Sampedro.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago