Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Estas son as tres gañadoras das cestas de froitas e produtos de tempada sorteadas en Boiro

Nadia Porres, Lucía Ordoñez e Marcelina Viturro son as afortunadas

Imaxe das tres cestas sorteadas.

Imaxe das tres cestas sorteadas. / Cedida

Boiro

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou este venres o sorteo dos premios da campaña de San Valentín entre os 1.207 rexistros de compras recibidos a través da web da entidade, co obxectivo de premiar as persoas que apostan polo comercio local nestas datas especiais.

Entre o 3 e o 13 de febreiro, os clientes que realizaron compras nos establecementos asociados puideron participar no sorteo de tres cestas saudables, compostas por froitas variadas e produtos de tempada, rexistrando os seus tíckets ou facturas a través da aplicación dispoñible en www.abe.gal.

Unha vez máis, a ABE apostou polo selo Produtos dos nosos socios, garantindo que os premios proceden integramente de froiterías asociadas, o que asegura a máxima frescura, calidade e proximidade dos produtos, reforzando así o compromiso coa economía local e coa identidade comercial de Boiro.

Esta iniciativa está plenamente aliñada coa filosofía da marca Somos Boiro, que promove un consumo responsable, o apoio ao comercio de proximidade e a posta en valor do tecido económico local como motor de cohesión social e desenvolvemento.

As premiadas son: Nadia Porres, por unha compra realizada en Boirofarma; Lucía Ordoñez, por unha compra realizada na estación de servizo Garlou; e Marcelina Viturro, por unha compra feita en Alimentación Teresa-Secreto Gallego.

Tracking Pixel Contents