Rianxo licita a unificación dos baixos das vivendas de emerxencia social para darlle uso público
Habilitaranse catro espazos, interconectados por unha pasarela acristalada

Estado actual dos baixos dun dos bloques das vivendas de emerxencia social de Rianxo. / Cedida
O Concello de Rianxo vén de licitar o proxecto de unificación dos baixos dos inmobles das vivendas de emerxencia social (antigas vivendas dos mestres).
Trátase dos baixos dos bloques A e B, que se unificarán e habilitarán para darlle uso social. As obras licitáronse cun orzamento de 226.421 euros.
O proxecto contempla a creación dun espazo de 200 metros cadrados, dividido en catro locais independentes duns 50 metros cadrados cada un, interconectados por unha pasarela acristalada que facilitará a circulación pola zona posterior dos dous inmobles destinados a vivendas de emerxencia social, nas que residen actualmente oito familias.
Cada local contará con aseos adaptados, garantindo a accesibilidade universal e permitindo o uso do espazo para reunións veciñais, actividades culturais, formativas ou asociativas.
"Trátase dun proxecto que aprobamos en setembro de 2024 por unanimidade para darlle un uso a eses espazos que na actualidade están desaproveitados", sinala o alcalde, Julián Bustelo.
“É unha primeira peza dun modelo de xestión de espazos públicos pensado para as rianxeiras e os rianxeiros, centrado na accesibilidade, na seguridade e na funcionalidade”, sinala o portavoz municipal do PSOE de Rianxo, Óscar Rial, quen destaca que "tras insistir na necesidade deste proxecto, vemos como o traballo constante da oposición contribúe a que se faga realidade unha actuación ao servizo da veciñanza".
O prazo de execución previsto é de dez meses.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago