Unha senda peonil e ciclista de 2,3 Km conectará Viro coa Serra de Outes
Terá un ancho de 2,5 metros e, para a súa execución, será preciso expropiar 98 predios

Panorámica do concello de Outes. / Cedida
O Consello da Xunta acordou este luns elevar a información pública o proxecto da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica AC-550, ao seu paso polo concello de Outes, que será licitada por un investimento de algo máis de 1,3 M€.
Trátase de executar un itinerario de uso compartido de preto de 2,3 quilómetros de lonxitude para posibilitar o enlace a pé ou en bicicleta e con seguridade entre o núcleo rural de Viro (moi disperso, caracterizado pola alternancia de parcelas axardinadas ou cultivadas e vivendas unifamiliares) e o núcleo urbano da Serra de Outes, comunicando as beirarrúas existentes nos extremos.
Terá un ancho de 2,5 metros, de modo que se aseguren as condicións de accesibilidade, e contará con pavimento en cor.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas someterá o proxecto a información pública por un prazo dun mes.
Para executar as obras será necesaria a expropiación de 98 predios. O prazo de execución das obras será de 12 meses.
A previsión do departamento de Infraestruturas é poder aprobar o proxecto de trazado no primeiro semestre do presente ano, para poder realizar a convocatoria de levantamento de actas previas das expropiacións no segundo trimestre, e licitar as obras para a súa execución posteriormente.
Con esta actuación a Xunta avanza no Plan de sendas de Galicia, que permitiu acometer preto de 300 quilómetros de novas sendas e beirarrúas cun investimento de case 144 millóns de euros.
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Intento de asalto a una vivienda en Santiago: le roban el DNI y las llaves en la Cidade da Cultura y tratan de desvalijar su casa
- Los mayores también llenan las aulas de la USC:«Motiva a seguir aprendiendo»