Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

King África animou a gran festa do Entroido en Ribeira

Os cantantes da orquestra Panorama amenizaron tamén a velada na carpa instalada no Malecón

King África, tras rematar a súa actuación en Ribeira.

King África, tras rematar a súa actuación en Ribeira. / Lisardo Vilar

Ribeira

Máis de 2.000 persoas ateigaron este luns a carpa do Entroido instalada no Malecón de Ribeira para ver o espectáculo de King África, que comezou á medianoite e rematou ás 01.20 horas.

Antes, dende as 23.30 horas, os cantantes da orquestra Panorama amenizaron a velada e, despois da actuación de King África, varios DJ's seguiron animando musicalmente a festa ata as cinco da madrugada.

Foi unha noite sen altercados e animada tamén pola charanga Os Celtas da Baña, que levou a música polas zonas da hostalería ata as tres da madrugada.

A véspera do festivo local en Ribeira recuperou o seu esplendor pese á chuvia e grazas ás actividades programadas na carpa de 700 metros cadrados que se instalou para todo o Entroido no Malecón.

As concellerías de Cultura e Festexos, organizadoras deste Entroido, animan á cidadanía a seguir participando este martes e o mércores, acompañando as murgas e comparsas e o enterro do Felipe.

Este mércores haberá na carpa degustación gratuíta de orellas, rosquiñas e bolos preñados.

Tracking Pixel Contents