Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Preto de 200 persoas degustaron un cocido e gozaron do baile de Entroido do Club de Xubilados de Lousame

O grupo musical Aires de Broña animou a festa

Asistentes ao baile de Entroido do Club de Xubilados de Lousame.

Asistentes ao baile de Entroido do Club de Xubilados de Lousame. / Cedida

Lousame

Ao redor de 200 veciños e veciñas de Lousame participaron na tarde-noite deste luns do xa tradicional cocido e do baile de Entroido organizados polo Club de Xubilados, no local que a asociación ten en Aldeagrande.

A gran maioría dos maiores acudiu disfrazada e con moitas gañas de gozar dunha festa que comezou cun xantar a base de cocido: lacón, chourizo, costela, orella e grelos.

O alcalde de Lousame, Esteban Ares García, e os concelleiros de Cultura, Silvia Agrafojo, e de Obras, Ramón Martínez, agradeceron o convite realizado pola asociación, poñendo en valor o traballo da xunta directiva do club á hora de organizar actividades para as persoas maiores do municipio.

Despois do xantar, as persoas presentes gozaron dunha ampla sobremesa con doces típicos do Entroido, como orellas e filloas.

E para rematar a xornada, moitos dos asistentes animáronse a bailar ao ritmo da música interpretada polo grupo Aires de Broña, mentres tiña lugar tamén o tradicional sorteo de cestas de agasallos, conseguidas pola xunta directiva do Club de Xubilados de Lousame.

Tracking Pixel Contents