Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lousame acolle este venres un concerto de música popular iberoamericana e galega do grupo A Misela

Terá lugar ás 20.30 horas na casa da cultura e con entrada gratuíta

Integrantes do grupo A Misela.

Integrantes do grupo A Misela. / Cedida

Lousame

O Concello de Lousame organiza un concerto de música popular iberoamericana e galega da man do grupo A Misela, formación musical con sede en Noia e creada no ano 2011.

A actuación terá lugar este venres 20 de febreiro, ás 20.30 horas, na casa da cultura de Lousame. A entrada é totalmente gratuíta, sendo necesario anotarse previamente a través de bandoticket.com.

Con esta actuación, o grupo noiés dá comezo a un ciclo de concertos denominado Os sons da Misela, que os levará a actuar tamén noutros escenarios como Outes e Malpica.

Baixo a dirección musical do profesor Alejandro Guillermo, A Misela combina voces masculinas con acompañamento instrumental, creando unha sonoridade única e emotiva.

En Lousame ofrecerán unha actuación baseada en música popular galega e iberoamericana. O concerto está organizado polo Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Tracking Pixel Contents