A Pobra celebrará o Día de Rosalía cun programa lúdico para achegar a súa figura ás crianzas
Os escolares participarán no xogo-concurso ‘As sete Rosalías’, no que se implica o comercio local

A edil Patricia Lojo, esquerda, e a técnica de Cultura, Fita Sanisidro, na presentación das actividades. / Cedida
O Concello da Pobra do Caramiñal celebrará o Día de Rosalía cunha programación na que se aposta por achegar a literatura galega e a figura da escritora ás crianzas dun xeito didáctico e lúdico, implicándoas na promoción da cultura galega a través da participación e o xogo.
Tal e como asegurou a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, “a nosa intención é que os pequenos e pequenas se acheguen á figura de Rosalía de Castro dun xeito divertido, no que xogar e aprender van da man”. Ademais, salientou, “esta actividade permite implicar o comercio local e os centros educativos nun proxecto común”.
A programación inclúe o xogo-concurso As sete Rosalías, unha proposta que xa se levou a cabo en diferentes edicións e que goza de moi boa acollida entre os escolares. Do 19 ao 27 de febreiro os escaparates de diferentes establecementos do municipio terán exposta a silueta recortada coa forma de Galicia co rostro da intelectual no seu interior.
O reto do alumnado de Educación Primaria é localizar sete versións diferentes da imaxe, xa que presenta pequenas variacións. Unha vez identificadas, deberán anotar a diferenza e en que local se atopaba.
Como peche da actividade, o día 6 de marzo celebrarase un sorteo de varios agasallos nos colexios participantes.
O propio día de Rosalía de Castro, conmemorado o 23 de febreiro, terán lugar os actos centrais da programación na praza homónima. A xornada comezará ás 11.45 horas cunha actuación de música tradicional a cargo do grupo Xiada e continuará ás 12.00 horas cun recital de poesía do alumnado de Primaria.
Durante o acto realizarase tamén unha ofrenda floral e farase o reparto do Caldo de gloria, para que todas as persoas que participen no acto poidan degustalo. Trátase dun encontro aberto á veciñanza co que se busca poñer en valor a figura de Rosalía de Castro.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'