A Xunta realiza labores de conservación en 11,5 quilómetros de dez ríos en Porto do Son
Actuará nos cauces fluviais de Hornanda, Igrexa, Sandián, Sancho, Cans, Quintáns, Chico, Corzo, Caamaño e Sieira

Un operario realizando traballos de limpeza nun río de Porto do Son. / Cedida
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e mantemento fluvial en preto de 11,5 quilómetros en varios ríos ao seu paso polo concello de Porto do Son.
As tarefas, que xa foron comunicadas ao concello, desenvolveranse en diferentes tramos dos ríos Hornanda, Igrexa, Sandián, Sancho, Cans, Quintáns, Chico, Corzo, Caamaño e Sieira, así como en varios regos sen nome.
Os traballos, que se prolongarán durante 22 semanas, consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos e tamén rozas puntuais e selectivas nos accesos á canle.
Tamén se eliminarán especies exóticas invadosoras. As actuacións realizaranse coa aplicación de motoserras, rozadoiras, podadoras e outras ferramentas manuais, que contarán co apoio de maquinaria de maiores dimensións como un tractor ou unha carretilla de carga.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo hidráulico dependente do Executivo galego, estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento de zonas catalogadas como de alto risco potencial significativo de inundación.
O fin último dos traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Santiago presenta la Festa da Uña de San Lázaro con un homenaje a los fundadores de la Orde y la París de Noia en el cartel
- El precio de la gasolina continúa subiendo y llenar el depósito ya supera los 100 euros en Santiago