A Deputación licita por 529.430 euros a renovación da capa de rodaxe da estrada DP-6202, de Outes
As obras contemplan a mellora da pavimentación do tramo ata a AC-400 por Valadares

Treito da estrada DP-6202 ao seu paso por Outes. / Cedida
A Deputación da Coruña vén de publicar a licitación das obras de mellora da capa de rodaxe da estrada DP-6202, que vai de Outes ata a AC-400 por Valadares.
O proxecto ten un orzamento de 529.430,76 euros, destinados á renovación da pavimentación do tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+358 e 4+498.
As actuacións contempladas abranguen os traballos de preparación da vía, como a limpeza das beiravías, a roza das marxes, a apertura de cunetas e poda de árbores, e a execución de varios tramos de dique en zonas con desprendementos de noiros entre os puntos 3+105 e 3+350.
Unha vez acondicionado o treito, procederase á súa pavimentación, así como á reposición das marcas viarias do eixo, dos bordos e das inscricións. A sinalización vertical, o balizamento e os elementos de defensa necesarios tamén serán instalados de novo na vía.
Este proxecto súmase ao resto de obras de mellora viaria que está a executar a entidade provincial durante o exercicio 2026, atendendo as necesidades e demandas dos concellos da provincia da Coruña. Esta liña de actuación ten como fin mellorar a seguridade viaria, tanto para o tránsito de vehículos como para os peóns.
O prazo de presentación das ofertas está aberto e estenderase ata o 11 de marzo.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago