O Concello de Boiro licita a construción dunha vivenda modular para destinala a emerxencia social
Será unha estrutura desmontable de pequeno tamaño que se instalará nunha parcela municipal en Espiñeira

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, esquerda, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, na vivenda que se destinará a emerxencia social en Praia Xardín. / Cedida
O Concello de Boiro sacou a licitación a construción dunha vivenda modular de emerxencia social por importe de 39.200 euros. Esta adquisición está financiada pola Deputación da Coruña mediante o POS+ para gastos sociais extraordinarios.
A actuación consiste na implantación dunha vivenda desmontable de pequeno tamaño que se instalará nunha parcela municipal en Espiñeira. Trátase dunha vivenda de pequenas dimensións que poida prestar servizo de aloxamento puntual a unha persoa ou unha familia en período breve ata atopar un aloxamento adecuado.
Con isto preténdese ofrecer unha alternativa habitacional de xeito temporal en situacións excepcionais de urxencia ou emerxencia de carácter social ou en conflitos convivenciais que poidan poñer en perigo a integridade física ou emocional dalgúns membros da unidade de convivencia.
O Concello de Boiro continúa habilitando ferramentas para situacións de emerxencia sobrevidas, como xa se fixo coa rehabilitación dunha vivenda unifamiliar das antigas vivendas dos mestres de Praia Xardín.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- Muere Constantino Martínez Schnackig, patrono de la Fundación Araguaney, a los 66 años