O Concello da Pobra abre unha bolsa de emprego para auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar
As instancias poderán presentarse a partir deste venres

Casa consistorial da Pobra. / Cedida
O Concello da Pobra do Caramiñal vén de anunciar a apertura dunha bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar co obxectivo de reforzar e ampliar a prestación deste servizo esencial no municipio.
A convocatoria ten como finalidade a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais que permitan cubrir as necesidades do servizo. Unha vez rematado o proceso selectivo, que se desenvolverá mediante o sistema concurso-oposición, o obxectivo é contratar sete auxiliares.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Así pois, o prazo remata o vindeiro 26 de febreiro inclusive. As instancias poderán presentarse a partir deste venres 20 de febreiro, a través da sede electrónica municipal ou no rexistro xeral do Concello.
A concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, destacou a importancia do Servizo de Axuda no Fogar para garantir a atención ás persoas que máis o precisan. A edil asegurou que “un dos piares fundamentais do benestar na nosa sociedade son os coidados no entorno, e para iso é preciso levar adiante servizos públicos de calidade para a veciñanza".
"O SAF é fundamental e, por iso, e pese a que outras administracións non asumen de maneira axeitada as súas competencias de financiamento, dende a concellería de Servizos Sociais imos comezar este proceso para poder contratar auxiliares e, así, poder atender a máis persoas usuarias das que neste momento dispoñen do servizo”, explicou.
“Trátase dunha aposta firme e decidida polos servizos públicos e pola mellora da calidade de vida das persoas usuarias”, engadiu.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Aterriza en O Eixo la primera Gran Festa Picheleira: 'Teremos dez horas de música sen parar, carpa e pulpeiro
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Galicia encara un nuevo temporal: lluvia, viento, nieve y avisos en la costa de A Coruña y Pontevedra