O Concello de Noia inicia un programa de bacheo nas estradas municipais
Porase en marcha o luns 23 e incluirá tamén a reposición de sinais e baldosas deterioradas

O programa de bacheos porase en marcha o luns día 23. / Cedida
O Concello de Noia iniciará o vindeiro luns 23 de febreiro un programa de bacheo nas estradas municipais, co obxectivo de reparar os danos ocasionados polas intensas chuvias rexistradas nas últimas semanas e garantir unha maior seguridade na rede viaria local.
Ademais dos traballos de asfaltado, as actuacións incluirán tamén a reposición de sinais tiradas polo vento e a reparación de baldosas deterioradas en diferentes puntos do municipio.
O tenente de alcalde, Manolo Seijas, explicou que existen dous operativos contratados para iniciar as intervencións de forma inmediata. “É necesario agardar a que o terreo estea o máis seco posible para garantir que os traballos sexan efectivos e non caian en saco roto”, sinalou.
Os traballos consistirán no fresado e apisonado dos baches, co fin de que queden o máis firmes e duradeiros posible, contribuíndo así a mellorar a seguridade viaria e a conservación das infraestruturas municipais.
Seijas quixo tamén agradecer a colaboración da veciñanza a través do programa municipal de avisos, que permitiu detectar numerosos baches, incluídos algúns situados en estradas de titularidade autonómica.
Neste sentido, indicou que está a preparar un informe para remitilo á Xunta de Galicia, co obxectivo de que a Administración autonómica asuma as súas competencias nas vías correspondentes.
Por outra banda, o tenente de alcalde sinalou que agarda unha pronta resposta de Portos de Galicia en relación co estado da madeira do paseo marítimo.
O Concello de Noia reafirma así o seu compromiso co mantemento das infraestruturas municipais, así como coa mellora continua da seguridade e calidade dos espazos públicos.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago