A Xunta licitará despois do verán a senda peonil e ciclista de Outes
O proxecto xa está a información pública

María Martínez e Francisco Calo, no centro, este xoves en Outes. / Cedida
A Xunta iniciou o trámite de información pública do proxecto da nova senda peonil e ciclista, de máis de 2 km, entre o núcleo de Viro e Outes, que suporá un investimento de 1,4 M€. Así o detallou este xoves a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, que se achegou a este municipio.
Allegue, xunto coa directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, e o alcalde, Francisco Calo, explicou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves o sometemento a información pública deste proxecto e que dende este venres e ata o 7 de abril poderán presentarse suxestións.
A conselleira apuntou que a Xunta prevé aprobar o proxecto no primeiro semestre deste ano e licitar despois do verán as obras, que van ter un prazo de 12 meses, polo que o obxectivo é que a senda estea rematada a finais do vindeiro ano.
Sinalou que se trata dun novo itinerario peonil e ciclista de 2,3 quilómetros na estrada AC-550, que será cofinanciado con Fondos FEDER.
O itinerario unirá o núcleo rural de Viro e o centro urbano da Serra de Outes, e conectará coas beirarrúas existentes nos extremos. De xeito máis concreto, a senda acometerase no treito desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 62+120 a 64+410.
María Martínez dixo que "con esta actuación dase resposta a unha demanda da veciñanza desta área, xa que esta estrada conta cunha elevada intensidade de tráfico: uns 4.000 vehículos diarios".
O obxectivo da intervención é facilitar desprazamentos cómodos e seguros, camiñando ou en bicicleta, para a veciñanza, especialmente do Viro, e para os visitantes.
Cómpre lembrar que esta obra enmárcase na segunda fase do Plan de Sendas da Xunta, que permitirá desenvolver 120 km de itinerarios seguros e sostibles nas marxes das estradas autonómicas. Estas sendas sumaranse á rede de máis de 300 km xa executados polo Goberno galego nos últimos anos.
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades