ENCONTRO
As Amas de Casa de Ribeira homenaxean aos maiores
O acto celebrarase o día 8 de marzo en Artes

Presentación da homenaxe aos maiores en Ribeira. / Cedida
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañada pola presidenta da Asociación Amas de Casa de Ribeira, Puri Cores, presentou a Homenaxe ás Persoas Maiores que, como cada ano, organiza a referida entidade no restaurante Baiuca, en Artes. A cita é o día 8 de marzo e vai dirixida ás persoas maiores de 65 anos do municipio ribeirense.
"Sempre é bo momento para poñer en valor o traballo que se fai desde o noso asociacionismo, no que as Amas de Casa de Ribeira son un gran activo social e cultural", indicou a alcaldesa.
Invitacións
As invitacións deberán ser retiradas no local da entidade de luns a venres, e en horario de 10.30 a 13.00 horas, ata completar o aforo existente.
"Esta é unha actividade que conta cunha alta participación e que seguimos apoiando desde o goberno municipal; o cariño e o respecto cara os nosos maiores é infinito por todo o que nos levan dado e que agora debemos devolverlles en forma de ocio e desfrute con homenaxes coma esta", subliñou Sampedro.
Para facilitar o desprazamento, contarase con servizo de autobuses, que sairán da estación a partir das 16.30 horas.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago