MEDIO AMBIENTE
O BNG demanda que se erradique a contaminación na Ribeiriña da Pobra
Pide á Xunta e ao Estado que recuperen este ámbito do litoral

Rosana Pérez, esquerda, e Amparo Cerecedo na zona da Ribeiriña. / BNG
O BNG insta ao Goberno galego a «actuar de maneira decidida» para erradicar a contaminación e culminar a recuperación do litoral da Ribeiriña na Pobra do Caramiñal.
A iniciativa da deputada Rosana Pérez prodúcese despois de que a Consellería de Medio Ambiente confirmase novas filtracións de hidrocarburos procedentes dos terreos da antiga conserveira Onza de Oro un ano despois dos vertidos rexistrados en xaneiro de 2025.
Os nacionalistas lembran que foi a Administración do Estado quen executou as actuacións de rexeneración no dominio público marítimo-terrestre da Ribeiriña, polo que consideran que «tamén debe asumir a responsabilidade de corrixir as deficiencias detectadas, conter os vertidos e eliminar definitivamente a contaminación».
Derrubar a nave industrial
Segundo a portavoz municipal do BNG, Amparo Cerecedo, o principal obstáculo continúa a ser a antiga nave industrial de Hadasa, situada maioritariamente en solo privado e nun estado evidente de degradación.
«Á veciñanza temoslle que falar claro e contundente. Sempre defendemos que este edificio debe ser mercado e derrubado para deixar paso a un espazo de desfrute para a veciñanza», afirmou.
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades