XUNTANZA
As confrarías da ría de Arousa piden un "control rigoroso" dos puntos de vertido
Abalde di que se están a realizar estudos para detectar influencias na pesca e o marisqueo

Julio Abalde, segundo dereita, cos representantes das confrarías en Rianxo. / D. G.
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, mantivo unha reunión na Confraría de Rianxo cos patróns maiores do Grove, Illa de Arousa, Aguiño, Carril e Rianxo para analizar a situación do sector e os puntos de vertido na ría de Arousa nos que se depositan os lodos extraídos das tarefas de limpeza e dragado de distintos puntos das rías.

Xuntanza do subdelegado do Goberno cos patróns das confrarías da ría de Arousa. / D. G.
Os representantes do sector interesáronse especialmente pola localización destes puntos e polo seu seguimento. Abalde explicou que a proposta pasa por reducir o número de puntos de vertido co obxectivo de facilitar a súa monitorización e seguimento para garantir unha vixilancia exhaustiva que prevea e asegure que non se produza afectación nos ecosistemas nin nos bancos pesqueiros e marisqueiros das rías.
"Entendo a sensibilidade dos pescadores e mariscadores da ría de Arousa pola situación actual do sector marisqueiro, que é competencia exclusiva da Xunta de Galicia", afirmou.
Ampliar o número de puntos
Pola súa banda, os representantes das confrarías indicaron que non están en contra dos dragados nas rías, aínda que consideran conveniente ampliar o número de puntos de vertido e estudar a posibilidade de establecer outros máis nas costas de Galicia.
Tamén coincidiron en que o punto actualmente elixido non se prevé que teña impacto negativo, por experiencias anteriores, pero subliñaron a importancia de manter un control rigoroso para garantir que continúe sendo así no futuro.
Abalde apuntou que o Ministerio realiza estudos sobre a evolución dos puntos onde se depositan os materiais dos dragados, analizando o comportamento das dinámicas da ría de Arousa para detectar posibles influencias na actividade pesqueira e marisqueira.
Neste marco, instou á Xunta a realizar tamén un seguimento exhaustivo sobre como estas actuacións poden afectar á dinámica da pesca e do marisqueo e incidiu na importancia da rigorosidade e intensidade destes estudos.
Axudas ao marisqueo
Finalmente, os representantes do sector trasladaron tamén a posibilidade de poder optar ás axudas estatais postas en marcha que permitan paliar os efectos dos temporais na produción marisqueira. O subdelegado comprometeuse a transmitir estas inquedanzas ao Goberno, reiterando a vontade de manter abertas as canles de diálogo co sector.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago