Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Caldo de Gloria, versos e unha roseira na honra de Rosalía de Castro en Ribeira

Os centros escolares acollerán actividades de promoción da lingua galega

Presentación da Semana de Rosalía en Ribeira.

Presentación da Semana de Rosalía en Ribeira. / Cedida

Ribeira

O Concello de Ribeira celebrará a Semana de Rosalía cunha programación para todos os sectores da poboación, con actividades institucionais, educativas, culturais e gastronómicas.

Os actos comezarán o luns 23, coincidindo coa data do nacemento de Rosalía, cunha homenaxe ás 12.00 horas na Casa da Xuventude. Procederase á plantación dunha roseira na súa memoria. A xornada estará acompañada polo son da gaita e, ao remate dos discursos, soará o Himno Galego.

Exposición na biblioteca

Ese mesmo día, a biblioteca municipal acollerá unha exposición bibliográfica dedicada á autora, co obxectivo de afondar no coñecemento da súa obra e legado.

Tamén o 23 de febreiro, a hostalería local súmase á conmemoración a través da iniciativa Caldo de Gloria, promovida pola Fundación Rosalía de Castro. Os establecementos A Recoveira, O Castelao, Tagen Ata, Cocoluche e Zum-Zum ofrecerán á súa clientela esta tapa gratuíta, contribuíndo así á popularización da celebración.

Uxía Senlle

A programación continuará o 26 de febreiro cunha actividade de promoción da lingua galega dirixida ao público escolar. Ás 11.30 horas, o Centro Cultural Lustres Rivas acollerá o concerto Rosalía pequeniña, da recoñecida artista Uxía Senlle. Ao redor de 500 nenos e nenas de todos os centros de ensino de Ribeira asistirán acompañados polo seu profesorado. Pola tarde, ás 20.00 horas, o referido centro acollerá unha lectura pública dos versos de Rosalía.

A programación pecharase o día 28 co espectáculo Dende Rosalía, a cargo de Xanela do Maxín.

Tracking Pixel Contents