Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ENTROIDO

Danzantes, piratas e unha máquina do tempo desfilaron pola Pobra

A veciñanza de Xobre queima hoxe ao Felipiño

Actuación dunha das comparsas no concurso da Pobra.

Actuación dunha das comparsas no concurso da Pobra. / Cedida

A Pobra

A cor, a orixinalidade e a creatividade tomaron as rúas da Pobra do Caramiñal da man do seu clásico desfile de disfraces e carrozas. A cita reuniu preto de 500 participantes entre persoas disfrazadas e integrantes das carrozas e das comparsas.

A carroza gañadora foi Nicradance - Esta cara te suena (1.850 euros), e foron premiadas tamén, por este orde, Dulce fantasía, Guardianes del dragón e Fantasía azul. O Concello entregou ademais 200 euros a todas as carrozas inscritas.

O desfile xuntou máis de 500 persoas disfrazadas.

O desfile xuntou máis de 500 persoas disfrazadas. / Cedida

Na categoría de grupos, os gañadores foron Los piratas con más pluma del Caribe (1.450 euros), seguidos de O máis churro, Cuncas tolas e Os galos da mezquita. E na modalidade de parellas/individuais, o primeiro premio foi para A máquina do tempo: destino a Pobra (775 euros). Tamén foron premiados Nigromantes, Estelares e A deusa Shiva.

Integrantes dun dos grupos participantes no Entroido da Pobra.

Integrantes dun dos grupos participantes no Entroido da Pobra. / Cedida

A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, felicitou a todas as persoas inscritas, ás que recoñeceu "a súa creatividade e o seu esforzo por manter vivo o espírito do Entroido no municipio".

Enterro do Filipiño

A programación entroideira continúa hoxe co tradicional Enterro do Filipiño, organizado pola veciñanza do Xobre. A procesión sairá desde o campo de Cabío acompañada polo grupo de gaitas Trécola e a charanga Os Encerellados, para rematar coa queima do monicreque no pantalán.

O Entroido pecharase mañá co Domingo de Piñata, organizado pola veciñanza da Crocha, con música tradicional, unha gran chocolatada e o sorteo de lacóns.

Tracking Pixel Contents