Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

REGULAMENTO DE COSTAS

Os populares denuncian un «novo ataque ao litoral»

Anuncian en Boiro que presentarán unha iniciativa nos concellos costeiros

Deputados, concelleiros e representantes do PP en Boiro.

Deputados, concelleiros e representantes do PP en Boiro. / Cedida

Boiro

O PPdeG vai presentar unha iniciativa nos concellos costeiros, así como nas deputacións, na que lle reclama ao Goberno central que «cese no seu novo intento de atacar o litoral galego».

Así o anunciaron en Boiro, os deputados autonómicos, Magdalena Pérez e Ángel Rodríguez, durante unha xuntanza co presidente da xestora do PP local, Nolo Romero; o portavoz popular, Fernando García Diéguez; e veciñanza afectada.

Miles de familias

Reclaman «máis diálogo e menos escurantismo» sobre a modificación do Regulamento Xeral de Costas, «tendo en conta que se trata dun asunto que afecta directamente á actividade económica, ao emprego e á estabilidade de miles de familias vinculadas ao sector marítimo-pesqueiro», afirman.

TEMAS

Tracking Pixel Contents