Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

URBANISMO

Ribeira cambia aglomerado por lousas de granito na contorna da igrexa de Artes

O investimento ascende a 65.149 euros

Obras de renovación do pavimento en Artes.

Obras de renovación do pavimento en Artes. / C. Ribeira

Ribeira

O Concello de Ribeira ten en marcha as obras de pavimentación na parroquia de Artes co fin de mellorar toda a zona da igrexa parroquial mediante a substitución do actual aglomerado por pedra, máis acorde coa contorna.

A actuación enmárcase nunha superficie de 520 m2. O novo firme estará formado por lousas de granito abuxardado que se combinarán con lastros do mesmo material.

A empresa Excavaciones Nima, S.L. é a adxudicataria desta actuación por un importe de 65.149,47 euros. A obra está incluída no Plan Complementario do POS+2023. Esta actuación conta cun prazo de execución de 3 meses.

TEMAS

Tracking Pixel Contents