Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ENTROIDO

'A última chamada' triunfou no Rally París Dakar de Noia

'A fábrica da luz', de Vimianzo, levou o primeiro premio de comparsas

'A Última chamada' foi a gran vencedora nas rúas de Noia.

'A Última chamada' foi a gran vencedora nas rúas de Noia. / Cedida

Noia

O concurso-desfile Rally París Dakar, de Noia, xuntou preto de mil participantes que encheron de cor, música e alegría as rúas da vila noiesa.

Despois de desfilar, ás portas do Teatro Coliseo Noela entregáronse os premios. Na categoría de grupos, o gañador foi A última chamada, da Asociación Estrela da Noite (2.000 euros). Tamén foron premiados Show Gran Hotel, da Asociación Os Remolóns (1.300 €); Moulin Rouge (900 euros); e Na procura do tesouro (500 €).

'A fábrica da luz', de Vimianzo foi a comparsa gañadora.

'A fábrica da luz', de Vimianzo foi a comparsa gañadora. / Cedida

Na categoría de comparsas a gañadora foi A fábrica da luz, da Asociación Trubisquiña, de Vimianzo (500 euros). O segundo premio foi para Venecianos (400 €) e o terceiro levouno Habibi Welcome to Murocos (300 €).

Unha das participantes no Rally París Dakar de Noia.

Unha das participantes no Rally París Dakar de Noia. / Cedida

Pola súa banda, na modalidades de disfraces individuais o gañador foi Dios de Egipto e o segundo premio recaeu en Cigardelos. En parellas, Puntadas de Entroido levou o primeiro premio e Lendo a Rosalía o segundo. Ademais, o xurado outorgou unha mención especial a Os furbis van de viaxe.

O desfile xuntou preto de mil participantes en Noia.

O desfile xuntou preto de mil participantes en Noia. / Cedida

Houbo tamén un Premio Especial ao Humor e Simpatía, que foi para As galaicas na ría e un Premio ao Más Choqueiro, que lle foi outorgado a San Marcos.

Tracking Pixel Contents