Cultura
Música a outro nivel no novo álbum da banda muradá The Rapants
Lanza o seu cuarto LP o 4 de marzo e estrearase no concerto do día 28 no Multiusos de Santiago

Os muradáns publican o día 4 de marzo o álbum 'Rapants Club'. / Andrea Sánchez
A banda muradá The Rapants publicará o seu cuarto LP, Rapants Club, o 4 de marzo. Neste novo álbum leva a súa música a outro nivel: variedade estilística, guitarras frenéticas, sintetizadores e retrousos pegadizos desde a primeira escoita conflúen nun traballo que dá boa conta da evolución do grupo, á vez que mantén, máis viva ca nunca, a esencia e identidade rapante.
«Rapants Club é moito máis que un disco: é a nosa maneira de entender a vida a través da música, de agradecer e compartir algo con toda a comunidade que formou e forma parte do noso progreso», explican os rapantes, que acadaron esta semana os 100.000 ouvintes en plataformas como Spotify, na que o seu sinxelo Non Sei Como se situou como un dos temas máis virais en España.
Letras máis escuras
O novo álbum recolle unha ducia de temas cunha sonoridade moi especial. A banda abre a porta a diferentes estilos musicais, especialmente cara ao disco e a electrónica, e abraza tamén letras máis escuras; mais segue a por en valor a diversión, as guitarras frenéticas, os riffs desafiantes, as sentenzas románticas e os retrousos memorables, todos eles aderezados coa naturalidade e a honestidade que caracteriza ao grupo.
Así, os creadores de éxitos xeracionais como La Favorita, O avión ou Meu Cariño publicarán un disco «bonito, elegante e atemporal» e que, como definen eles mesmos, será «o máis fiel ao carácter e gustos» do cuarteto. A estrea en vivo deste Rapants Club será no concerto do día 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar de Santiago.
'La máquina del buen rollo'
O sábado 28 de febreiro, uns días antes da publicación do novo álbum, os rapantes despedirán a xira do seu anterior disco, La máquina del buen rollo, en Bruxelas, no marco dun evento moi querido pola banda e que deu pé ao nacemento do seu tema Rue Franklin: o Festival Emigrason. Será un concerto moi especial, que pechará dous intensos anos de actuacións nas principais salas de concertos e festivais do país.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Un crack compostelano de la FP:«Quiero dedicarme a la automoción»
- El precio de la gasolina continúa subiendo y llenar el depósito ya supera los 100 euros en Santiago
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal