Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ENTROIDO

Unha 'Dulce fantasía' e un 'Aquelarre' conquistan Boiro

O Concello repartiu 4.600 € no concurso de carrozas e disfraces

O alcalde, José Ramón Romero, presidiu a entrega de premios.

O alcalde, José Ramón Romero, presidiu a entrega de premios. / Cedida

Boiro

O tradicional concurso de disfraces e carrozas do Entroido encheu de animación e cor as rúas de Boiro e repartiu 4.600 euros en premios.

Na categoría de carrozas o primeiro premio, de 1.200 euros, foi para Dulce Fantasía; o segundo, de 800 €, para Guardianes del dragón; e o terceiro, de 500 €, para As galaicas da ría.

Unha das actuacións no concurso de comparsas de Boiro.

Unha das actuacións no concurso de comparsas de Boiro. / Cedida

Na categoría de grupos o disfraz ganador foi Aquelarre (600 euros); o segundo foi para O máis churro (300 euros); o terceiro levouno Quetzalcualt (250 €); e o cuarto levárono Polis e cacos (200 €).

Concurso de comparsas e carrozas en Boiro.

Concurso de comparsas e carrozas en Boiro. / Cedida

E na modalidade individual/parellas o gañador foi Embaixador (300 euros). Tamén foron premiados Migromantes (200 €); Bella e bestia (150 euros) e Cisnes (100 €).

O desfile contou con animación musical a cargo de As da Boina e A Dorniña de Abanqueiro. A festa continuou na Praza de Galicia co espectáculo de DJ Matrek.

Tracking Pixel Contents