Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FONDO DE COOPERACIÓN

Lousame reforza a eficiencia do pavillón cunha axuda da Xunta de 60.000 euros

Na comarca tamén recibiron subvencións Porto do Son e Rianxo

A delegada da Xunta e o alcalde de Lousame, no centro, diante da piscina local.

A delegada da Xunta e o alcalde de Lousame, no centro, diante da piscina local. / X. G.

Lousame

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Lousame, Esteban Ares, supervisou as actuacións realizadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local para levar a cabo a mellora da eficiencia enerxética do polideportivo da Silva e da piscina municipal. O investimento foi de 60.000 euros.

As actuacións consistiron na renovación integral do sistema de auga quente sanitaria do pavillón. Instalouse un novo sistema mediante bomba de calor aire-auga con acumulador, que permite aproveitar a enerxía do aire exterior para quentar a auga. Do Campo sinalou que «esta intervención supón un salto cualitativo en termos de eficiencia enerxética, xa que as bombas de calor aire-auga ofrecen un rendemento moi superior aos sistemas tradicionais de gas».

Gandarela e Cruído

O Concello de Lousame recibiu 100.000 euros en axudas do referido fondo, dos cales, máis de 25.000 para o saneamento de Gandarela, e case 19.000 para a mellora da eficiencia enerxética no local social de Cruído.

Na provincia da Coruña recibiron estas achegas, na convocatoria de 2025, 29 concellos por un importe total de 1,6 millóns de euros. Na comarca do Barbanza os municipios de Lousame, Porto do Son e Rianxo obtiveron preto de 180.000 euros. A delegada incidiu na importancia da colaboración entre o Goberno galego e os concellos.

Tracking Pixel Contents