Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

INCLUSIÓN

A diversidade suma e enriquece ao alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo

Comparte experiencias con colectivos e persoas con discapacidade para tentar «construír un mundo mellor»

Estudantes e usuarios de Ambar no obradoiro de estampación de camisetas.

Estudantes e usuarios de Ambar no obradoiro de estampación de camisetas. / Cedida

Rianxo

O IES Félix Muriel, de Rianxo, coa colaboración dunha ducia de entidades sociais e persoas con discapacidade, acolle a Semana da Diversidade baixo o lema Ti tamén sumas, coa que pretenden transmitir unha mensaxe clara: «Todas as persoas teñen algo que achegar e desempeñan un papel fundamental na construción dunha sociedade máis xusta e inclusiva».

As actividades comezaron este luns. A Asociación Ambar, que traballa con persoas con diversidade, impartiu un obradoiro de estampación de camisetas. Sete persoas da entidade compartiron o seu labor con 74 alumnos de 1º da ESO.

«Foi realmente enriquecedor e positivo conseguir unha interacción e inclusión real», afirmou a vicedirectora, María Díaz.

Camisetas con deseños propios da Asociación Ambar.

Camisetas con deseños propios da Asociación Ambar. / Cedida

Pola súa banda,o director do centro de día de Amencer explicou aos estudantes de Bacharelato que é a parálise cerebral, as súas causas, as distintas manifestacións e as necesidades de apoio que pode requirir. Pero, sobre todo, sinala María Díaz, «transmitiulle ao alumnado a paixón polo seu traballo e a importancia de non quedarnos coa parte dis-capacidade, porque as persoas somos diferentes e con capacidades diversas».

Como broche á primeira xornada, Carmen Álvarez, unha empresaria con síndrome de Down que ten na Coruña unha tenda de moda que ela mesma deseña, deu a coñecer a súa experiencia persoal, subliñando a importancia da superación, e de non dar por suposto que por ter unhas características diferentes, non se pode facer aquelo que a un lle gusta e motiva.

Alumnado do centro presentando a charla do director do centro de día de Amencer.

Alumnado do centro presentando a charla do director do centro de día de Amencer. / Cedida

«Queremos que a sociedade comprenda que todas as persoas temos moito que aportar e que a inclusión real e efectiva é un ben moi valioso para a nosa sociedade. Compartir espazos, momentos, experiencias e poñernos na pel das persoas con diversidade cremos firmemente que axuda a construír un mundo mellor», subliña a vicedirectora do IESrianxeiro.

Ao longo da semaña vivirán experiencias similares da man de A Creba, Cogami, Down Compostela, a ONCE, Amipa, Agadea, Misela, Andaina Pro Saúde Mental e o Dj MontxoLautrec. Como colofón haberá unha feria de produtos artesanais dos distintos colectivos.

Tracking Pixel Contents